Acto - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Acto
Termo introducido por Aristóteles para explicar o movemento, no contexto da Física, e que volvemos atopar na Metafísica como un dos principios do ser. O acto, (enérgeia, entelécheia), é a realidade propia do ser e o seu principio. Dise que un ser está "en acto" cando posúe a súa propia perfección respecto ao que está "en potencia".

Simplificando a cuestión, podemos dicir que o acto refírese ao que unha substancia é agora, por oposición ao que pode ser no futuro, ( polo desenvolvemento da súa natureza ou esencia). Por exemplo: un neno é un neno "en acto", pero é un home "en potencia": agora é un neno, pero pode chegar a ser un home, se se dan as condicións axeitadas para que se desenvolva a súa natureza.